Rueda reivindica o "orgullo" de ser galego como parte de España: "Ser galego é nosa mellor forma de ser español"

Rueda atópase este sábado en Madrid para asistir aos actos con motivos do 12 de outubro, onde participará no acto de homenaxe á bandeira nacional e desfile militar.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/10/2024 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou a través das súas redes sociais este 12 de outubro o "orgullo" de ser galego como parte de España. "Galicia ten unha forte identidade e iso é un orgullo, pero tamén o é formar parte dun país como España. Nesta terra sabemos que ser galego é nosa mellor forma de ser español. Por iso defendemos a igualdade e o respecto. Por iso celebramos o '#DiaDeLaFiestaNacional'", publicou o mandatario galego no seu perfil na rede social 'X'.

Rueda atópase este sábado en Madrid para asistir aos actos con motivos do 12 de outubro, onde participará no acto de homenaxe á bandeira nacional e desfile militar con motivo da Festa Nacional de España. Máis tarde, acudirá á recepción que os reis de España realizarán no Palacio Real.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na recepción dos reis do 12 de outubro. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na recepción dos reis do 12 de outubro. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta