Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/10/2024 | Actualizada ás 15:00
O BNG reclamou un sistema fiscal "propio" que outorgue "as chaves do seu diñeiro" a Galicia que lle outorgue "soberanía" e "poder decisión". Así o manifestou o deputado Iago Suárez durante os actos de homenaxe aos 'mártires de Nebra' organizado pola formación frontista este sábado 12 de outubro no municipio coruñés de Porto do Son.
O Bloque lembra a memoria do cinco veciños da parroquia de Nebra que foron abatidos por axentes da Garda Civil en 1916 durante unhas mobilizacións contra o pago dun imposto. "Galicia é un país que se mobiliza", reivindicou Suárez, que subliñou a importancia de lembrar aos falecidos nesta protesta hai máis de 100 anos por "xustiza".
Suárez aproveitou o acto para reclamar un sistema fiscal propio porque Galicia "non vive da caridade doutros territorios". "Vivimos do noso traballo, vivimos dos impostos que pagamos aquí", subliñou.
Así pois, avogou por un cambio do status financeiro de Galicia dentro do modelo de financiamento autonómico que poña fin á "entrega gratuíta a Madrid" de "máis de 5.000 millóns de euros" en "excedentes" de impostos que se cobran na comunidade.
O parlamentario autonómico puxo o acento en que esta contía permitiría liquidar "problemas gravísimos" aos que se enfronta a sociedade galega e que ven "agravados" polo sistema de financiamento actual, como a atención á saúde, mental, a vivenda ou o transporte por estrada e ferroviario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.