Máis de 1.200 maiores gozan do programa da Xunta de estancias en balnearios

Durante a visita á residencia do Castiñeiriño, a conselleira salientou o esforzo da Xunta por garantir servizos e calidade de vida para as persoas maiores.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/10/2024 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

Un total de 1.235 persoas maiores gozan de estancias nunha quincena de balnearios galegos grazas ao programa da Xunta que cumpre xa dez edicións. Este sábado, a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou o balneario Compostela, en Brión , un dos centros que participan na iniciativa.

Alí, destacou que "cada ano" o programa de descontos en balnearios para maiores de 60 anos "esgota todas as prazas dispoñibles" dunha iniciativa á que a Xunta dedica 300.000 euros para custear o 45% dunha estancia de dez días e nove noites a pensión completa en 15 hoteis balneario da comunidade

O número de participantes nesta edición, que amplía os meses nos que poden gozarse os descontos ata o verán, creceu un 9% respecto da última edición. Tamén este sábado, Fabiola García visitou a nova residencia autonómica de Santiago, situada no barrio do Castiñeiriño, onde destacou que este centro "traballa xa a pleno rendemento".

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita o balneario Compostela, en Brión (A Coruña). XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita o balneario Compostela, en Brión (A Coruña). XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta