Os delegados ao Congreso do PSOE por Ourense estarán encabezados por Villarino, Marga Martín e Eladio Santos

O secretario provincial asegura que se trata dunha "candidatura de unidade absoluta".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/10/2024 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O PSOE de Ourense confirmou a súa lista de delegados e delegadas para o 41 Congreso Feral do PSOE que terá lugar en Sevilla, unha lista que encabeza o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino; a deputada no Congreso Marga Martín, e o subdelegado do Goberno Eladio Santos. "Estamos ante unha candidatura de unidade absoluta", sinala o PSOE ourensán, que sostén que acudirán a Sevilla en "máxima harmonía e cunha cohesión absoluta froito do diálogo interno". Neste sentido, tamén destaca que o pasado día 2 de outubro abriuse o proceso para a recollida de avais, momento desde o que superaron o máximo de 214 en apenas 48 horas.

Ratificada os delegados ao Congreso do PSOE por Ourense, encabezados por Villarino, Marga Martín e Eladio Santos
Ratificada os delegados ao Congreso do PSOE por Ourense, encabezados por Villarino, Marga Martín e Eladio Santos | Fonte: PSOE OURENSE

A delegación ourensá estará composta por orde, polas seguintes persoas: Rafael Rodríguez Villarino, Marga Martín, Eladio Santos, Uxía Oviedo, Miguel Ángel Rodríguez Ojea, Mariña Vaz, José Ramón Fernández Morgade, Mariña Tallón, Xurxo Doval e Eva Maldonado González. Tamén participarán como observadores Emilio Luís Díaz Vidal, María del Carmen Rama Cotelo, Iago Fariñas, María Fernández Ojea, Juan Carlos Francisco Rivera, Carmen Rodríguez Dacosta, Aurentino Alonso Araújo, Tamara Iglesias Figueira, Manuel Freire Cid e Uxía Tizón Vázquez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta