Bombeiros de Betanzos interveñen logo da explosión nunha cociña en Sada sen causar feridos

A incidencia produciuse, en concreto, nun edificio de tres plantas situado no lugar de Sada de Arriba.

Por E.P. | A CORUÑA | 15/10/2024 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia



Os bombeiros do parque provincial de Betanzos  informaron de que participaron pouco antes da medianoite deste luns ao martes nun opeativo provocado pola explosión dun forno nun domicilio en Sada.

A incidencia produciuse, en concreto, nun edificio de tres plantas situado no lugar de Sada de Arriba.

Segundo confirmaron os bombeiros, non se rexistraron danos persoais nin foi preciso evacuar a ningún dos residentes.


Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta