Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2024 | Actualizada ás 14:12
A Xunta abriu desde este mércores as notificacións para realizar queimas agrícolas por parte de particulares, tanto desde a páxina web habilitada como mediante o 012. Desta forma, as persoas que soliciten un novo permiso durante esta xornada, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse sempre con dous días de antelación, poderán realizar a queima a partir deste venres, 18 de outubro.
Como de forma habitual, no portal de Internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amontoados, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha queima de palla e ou material natural agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas ou gandeiras.
A maiores, retómanse desde esta xornada as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amontoados. Neste caso, como é habitual, débese de contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.