Volven os Bonos Activa Comercio a partir do 4 de novembro

Será a segunda remesa destes bonos de 2024.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2024 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A Xunta lanzará unha nova convocatoria do Bono Activa Comercio, con descontos de ata 30 euros en negocios locais. Os galegos poderán descargalo a partir do luns 4 de novembro. Así o avanzou o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, tras a reunión semanal do Consello que aprobou a que será a segunda remesa destes bonos de 2024. Os negocios interesados en participar poderán adherirse a partir deste martes. En total, a Xunta destinará 2,5 millóns de euros a esta liña coa que espera mobilizar ao redor de 9 millóns de euros.

Bono Activa Comercio, Xunta de Galicia
Bono Activa Comercio, Xunta de Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta