Un futbolista acepta 3 meses de prisión e 5.000 euros de multa por romperlle o nariz dun cabezazo a un rival en Gondomar
Os feitos ocorreron na tarde do 23 de outubro de 2022, tras a disputa dun partido entre o equipo do acusado, o C.D.Vincios, e o Moledo C.F, no campo da Pasaxe, en Gondomar. Cando os xogadores se dirixían por unhas escaleiras aos vestiarios, o acusado propinou un cabezazo a un xogador rival, provocándolle a fractura dos ósos do nariz.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 22/10/2024 | Actualizada ás 14:03