Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2024 | Actualizada ás 19:55
A Real Academia Galega (RAG) celebrou este martes, na Casa da Cultura de Sada, a entrega dos premios do concurso escolar 'Contádenos o voso Día das Letras de Luisa Villalta'.
A institución recoñeceu o traballo realizado ao redor da festa do 17 de maio polo CEIP de Espiñeira-Aldán (Cangas), o Fogar de Santa Margarita (A Coruña) e o CEIP Sada e os seus Contornos.
Foi nunha celebración que recoñeceu o labor do profesorado na defensa da lingua galega, remarca a institución académica sobre o evento.
"Nun momento en que as enquisas sobre o uso e coñecemento do idioma propio entre as novas xeracións lembra a necesidade de cambiar o rumbo da política lingüística, de maneira especial na xente máis nova", sinala a RAG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.