Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2024 | Actualizada ás 16:48
A directora xeral de Administración Local, Natalio Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, abordaron con representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e das catro deputacións a renovación dos convenios dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
Ante o vencemento dos actuais acordos a finais deste ano, a proposta do Goberno local, informa a administración autonómica, baséase "no mantemento das melloras xa incorporadoas aos convenios das catro provincias". "E que supuxo un incremento tanto das contías como dos efectivos", apostila. Concretamente, incrementouse en 40.000 euros o financiamento de cada GES e aumentouse o número de efectivos, entre outras medidas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.