Familiares de usuarios do centro Souto de Leixa en Ferrol piden á Xunta que diga "quen é o responsable da xestión"

Segundo comunicou unha das integrantes do comité de empresa, o Diario oficial de Galicia (DOG) publicou o 3 de xuño a resolución pola que se inicia o procedemento para adxudicar a xestión integral deste centro para os anos 2024-2028

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2024 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

Integrantes de Plataforma en defensa das persoas residentes non Souto de Leixa de Ferrol concentráronse no mediodía deste xoves ante este centro de atención ás persoas con discapacidade, situado en Catabois, para demandar que a Xunta "clarifique quen é o responsable da xestión a día de hoxe destas instalacións".

Segundo comunicou unha das integrantes do comité de empresa, Saila Chao López, o Diario oficial de Galicia (DOG) publicou o 3 de xuño a resolución pola que se inicia o procedemento para adxudicar a xestión integral deste centro para os anos 2024-2028.

"Entendemos que esta convocatoria para adxudicar a xestión do centro a unha nova entidade, despois dun período de 14 anos en mans de empresas do grupo ACS, Clece e Samain, caracterizada pola falta de transparencia e por unha absoluta falta de consideración cara os dereitos máis básicos das persoas usuarias e residentes, foi unha boa noticia", manifestou.

Segundo Chao López, "a xestión dun centro público como este debería ser tamén pública, e non obxecto de concesión a entidade privada ningunha", pero recoñeceu que "a necesidade urxente de superar este período escuro e dramático", conducen a "depositar a esperanza nun cambio de entidade que devolva canto antes a dignidade a todas as persoas usuarias e residentes".

SEN RESPOSTA

Pero desde este colectivo aseguran que "esta adxudicación, que debía de estar resolta o 3 de setembro", parece prorrogarse "sen que se deron explicación ningunha ás familias que durante estes meses veñen demandando explicacións á Xunta", a pesar de ter "un interese lexítimo e obvio no procedemento".

É por iso que reclaman que "a resolución se faga garantindo un cambio efectivo e radical na xestión e no respecto dos dereitos das persoas usuarias e residentes no centro Souto de Leixa", para desta maneira garantir "a cobertura dos necesarios recursos de todo tipo que a día de hoxe faltan no centro en infraestruturas, en materiais e útiles básicos, ademais de humanos".

Centro de Souto de Leixa Ferrol
Centro de Souto de Leixa Ferrol

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta