A Cámara galega pide aa transferencia a Galicia de fondos da UE para financiar necesidades do comercio

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2024 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A Comisión sexta do Parlamento galego aprobou este venres unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que transfira a Galicia os recursos procedentes de fondos europeos Next Generation co obxectivo de financiar as necesidades do comercio galego e das súas asociacións e federacións.

O Grupo Popular informou nun comunicado que o texto, que contou co apoio do BNG e a abstención do PSdeG, foi defendido pola portavoz de Comercio do PPdeG, Felisa Rodríguez, quen sinalou que todas as axudas en apoio ao comercio galego repartidas neste ano 2024 teñen a súa orixe exclusiva en fondos propias da Xunta, aos que non se engadiron recursos procedentes da Unión Europea que "deberían ser xestionados polas comunidades autónomas".

O PPdeG sinalou que a parlamentaria cualificou a iniciativa aprobada este venres como "importante, necesaria e xusta". "Tamén é unha iniciativa necesaria, porque consideramos unha inxustiza que a Galicia non lle fosen transferidos neste ano 2024 os fondos europeos Next Generation para o beneficio do comercio galego, das súas asociacións e federacións", indicou antes de lamentar que o Goberno central teña "este fondo sen gastar".

Por outra banda, na sesión, a Cámara aprobou por unamidad outra iniciativa, neste caso do Grupo Socialista, na que se instaba ao Goberno galego a axilizar e priorizar a tramitación das prórrogas dos plans turísticos de sustentabilidade.

Comisión de Economía e Orzamentos do Parlamento de Galicia
Comisión de Economía e Orzamentos do Parlamento de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta