Besteiro sobre os orzamentos da Xunta para 2025: "Son discriminatorios coa Galicia interior"

"É necesario que a Xunta se poña xa a facer traballo despois de 15 anos de xestión do Partido Popular nesa Galicia interior, que está abandonada", concluíu.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/10/2024 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, tachou de "absolutamente decepcionantes" para a Galicia interior os orzamentos aprobados pola Xunta para 2025, considerando que "non se centran nos problemas" desta área e son "discriminatorios" para Ourense e Lugo. "Abandonouse esa Galicia interior que di defender o Partido Popular, pero despois nos orzamentos non se ve concretada cun achegue importante de investimentos", manifestou Besteiro en declaracións aos medios en Ourense.

No caso concreto de Ourense, lamentou que "non se aposta" por obras en termalismo, "non se recuperan infraestruturas necesarias" e prioritarias e "a aposta pola vivenda é mínima". Así mesmo, apuntou que "tampouco se define claramente a aposta polo público" no centro para persoas con discapacidade de Ourense. "Unha demanda histórica que se ve abandonada orzamento tras orzamento por parte da Xunta", criticou. Así as cousas, insistiu en que "tanto para Ourense como para a Galicia interior" son orzamentos "decepcionantes", que "non actúan no centro dos retos que teñen que asumir". "É necesario que a Xunta se poña xa a facer traballo despois de 15 anos de xestión do Partido Popular nesa Galicia interior, que está abandonada", concluíu.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visita xunto ao delegado do Goberno, Pedro Blanco, a estación de san Francisco de Ourense
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visita xunto ao delegado do Goberno, Pedro Blanco, a estación de san Francisco de Ourense | Fonte: PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta