Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2024 | Actualizada ás 11:32
As licenzas para edificacións de nova planta baixaron en xullo en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior ata 166, que son 40 menos, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (INE).
Sobre edificacións xa existentes, foron concedidas autorizacións para 160 obras de rehabilitación e 40 para actuacións de demolición de edificios. Estas licenzas permitirán construír 345 novas vivendas. O número de vivendas creadas en rehabilitación será de 74 e as vivendas a demoler serán 21. Deste xeito, a variación neta do parque de vivendas foi positiva, con 389 novas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.