Ferido un ciclista e un motorista en senllos accidentes na Coruña e Nigrán

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2024 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas nas últimas horas en senllos accidentes de circulación ocorridos na Coruña e Nigrán. Trátase dun ciclista e un motorista. O primeiro dos accidentes tivo lugar sobre as 23,00 horas do xoves na Rúa Pablo Picasso da Coruña, á altura do aparcabicis. Alguén chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica debido a un ciclista tirado no chan inconsciente tras sufrir unha caída.

Desde o 112 solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local. Máis tarde, ás 2,15 horas da madrugada, outro accidente, esta vez na Avenida da Praia América en Nigrán, deixaba un motorista inconsciente. A alerta chegou a través do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A Policía Local xa tiña constancia e tiñan unha patrulla en camiño. Tamén foron informados os membros do GES do Val Miñor.

Ciclista atropelado na Peroxa. GARDA CIVL
Ciclista atropelado na Peroxa. GARDA CIVL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta