Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 01/11/2024 | Actualizada ás 11:33
Varias persoas han resultadas feridas sobre as 22,45 horas deste xoves, 31 de outubro, en Ferrol tras ser atropelados por unha furgoneta e, posteriormente, durante o trascurso dunha pelexa, na que mesmo utilizaron catanas.
O incidente produciuse na praza de España, nas inmediacións do edificio administrativo da Xunta e nas proximidades da Cafetaría Avenida. De inmediato trasladáronse ao lugar axentes tanto da Policía Nacional como da Policía Local de Ferrol.
Segundo puido saber Europa Press, varios membros dunha familia coñecida por diversos incidentes viaxaban a bordo da furgoneta cando se atoparon a membros doutra familia, cos que están postos a mal, aos que tentaron atropelar e asestar varias puñaladas, resultando dúas deles, pai e fillo, feridos.
Os feridos foron trasladados en ambulancia o Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, mentres que os axentes policiais trasladaronse á rúa Cedeira, no barrio de Recimil, onde localizan a furgoneta denunciada con abundantes restos de sangue, que os levan ata un portal desa mesma rúa, para tratar de deter aos presuntos responsables da agresión.
Segundo puido saber Europa Press, entre ambas as familias existe desde hai tempo discrepancias e incidentes previos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.