Absolven por falta de probas á presidenta da comunidade de montes Serra do Faro por apropiación indebida

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense considera que non resulta acreditado que a acusada se apropiase dos fondos comunitarios ou administrase de maneira desleal a comunidade de Montes referida

Por E.P. | OURENSE | 04/11/2024 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia



A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolveu, por falta de probas, á que foi presidenta da comunidade de montes Serra do Faro, que integran propietarios das parroquias de Quins e Melón, de delitos de administración indebida e administración desleal.

Nunha sentenza con data do 28 de outubro e da que informou este luns o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), sinálase que a acusada executou tres obras -arranxo dunha pista, plantación de piñeiros e realización dunha memoria técnica para a construción dun punto de auga-, que consideran prexudiciais para a comunidade.

"Acúsana porque nos extractos bancarios obrantes en autos constan pagos efectuados por medio de cheques, sen que haxa constancia das persoas que foron os perceptores e por que motivación", indica o tribunal na sentenza, contra a que cabe presentar recurso ante o TSXG.

Con todo, considera que non resulta acreditado que a acusada se apropiase dos fondos comunitarios ou administrase de maneira desleal a comunidade de Montes referida. En concreto, a muller presidiu a entidade entre o 3 de agosto de 2013 e o 20 de xuño de 2015.

Exterior da Audiencia Provincial de Ourense
Exterior da Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta