Un ferido despois de envorcar o seu vehículo na AG-64, en Narón

O suceso tivo lugar ás 14,20 horas, cando un alertante informou de que un coche sufrira unha saída de vía e quedara envorcado fóra da calzada

Por E.P. | A CORUÑA | 06/11/2024 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia



Un home resultou ferido ao envorcar o seu vehículo no quilómetro 9 da AG-64, ao seu paso pola parroquia de Pedroso, no municipio coruñés de Narón.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 14,20 horas, cando un alertante informou de que un coche sufrira unha saída de vía e quedara envorcado fóra da calzada.

Ante iso, os xestores do 112 Galicia avisaron ao Servizo de Urxencias Santiarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Narón, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón.

A vítima, que se atopaba atrapada no interior do vehículo implicado, foi liberada pola dotación de bombeiros desprazada ata o lugar, a cal tivo que facer uso do material de excarceración. Tras iso, o ferido foi trasladado polo persoal sanitario.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta