Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/11/2024 | Actualizada ás 20:59
Un home de 67 anos de idade faleceu ao caer dun tellado na tarde deste sábado en Vilar de Ordelles, na localidade ourensa de Esgos.Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso ocorreu ás 17:10 horas, cando o particular que contactou coa central pediu asistencia sanitaria para o home, que caera do tellado dunha nave.
Con esta información, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Tamén se avisou ao GES do Pereiro de Aguiar, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Esgos. Os equipos de emerxencias desprazáronse ata o lugar, pero só puideron confirmar o falecemento da persoa, que tal e como sinalaron fontes do operativo, era un home de 67 anos idade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.