Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2024 | Actualizada ás 18:25
A Mesa Pola Normalización Lingüística impulsou na asemblea xeral da rede europea para a igualdade das linguas (European Language Equality Network, ELEN), celebrada este fin de semana en Bilbao, unha resolución para instar á Xunta a cumprir os acordos en relación co galego.
Deste xeito, a asemblea de ELEN expresou a súa "preocupación polos recentes datos da enquisa de uso e coñecemento do galego publicados polo Instituto Galego de Estatística", que "revelan unha caída a niveis inéditos na historia da lingua galega".
Para reverter esta situación e "garantir a normalización social do galego", ELEN insta os poderes públicos galegos e estatais a "cambiar o rumbo e comezar un proceso social amplo que asegure a súa presenza en todos os espazos e para todos os usos".
Así mesmo, a rede europea adherir ás iniciativas da Mesa pola Normalización Lingüística e a plataforma Queremos Galego, entre elas a convocatoria que terá lugar en Santiago o vindeiro domingo 17 de novembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.