Por Europa Press / Redacción | MADRID | 30/01/2025 | Actualizada ás 18:56
O presidente de RTVE, José Pablo López, confirmou este xoves que, antes de que finalice 2025, iniciarase a emisión dual, en catalán e castelán, dos contidos infantís de Clan. Ademais, xa traballa nas versións en eúscaro e galego.
Así o anunciou na súa primeira comparecencia na Comisión Mixta (Congreso-Senado) de Control Parlamentario da Corporación RTVE e as súas Sociedades, un día despois de que Junts anunciase un pacto co PSOE para que A 2 emita integramente en catalán en Cataluña nun prazo de dous anos.
Neste contexto, López asegurou que o ente público xa traballa "na articulación dunha oferta de contidos propia en lingua catalá" que presentará ao Consello de Administración para a súa discusión nas próximas semanas. Tamén iniciará un proceso para ampliar a presenza en galego e, especialmente, en vasco.
Así mesmo, o presidente de RTVE anunciou que nas próximas semanas presentará ao Consello de Administración un plan para a creación dunha nova Canle Cultural da Corporación a finais deste ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.