A CIG acusa á Consellería de Educación de "desprezar" a negociación sobre a reforma de FP

O sindicato di que esta reforma "vai incidir claramente nas condicións laborais docentes, sobre todo no horario, nas funcións e na atribución docente dos módulos"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2024 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

A CIG solicitou o pasado luns por rexistro á directora xeral de FP, Eugenia Pérez, que convoque de forma urxente a mesa sectorial para que a Consellería de Educación e os sindicatos negocien o novo decreto que regulará a Formación Profesional. Con todo, "pasada máis dunha semana sen obter resposta", o sindicato ve "claro" o "desprezo" da Xunta ao diálogo coa parte sindical neste asunto.

Nun comunicado, a CIG un "acto de desprezo máis" da directora xeral o feito de que convocase aos grupos de traballo para avanzar na reforma da FP coa repartición horaria dos módulos e non aos sindicatos.

Este aspecto, denuncia o sindicato, "vai incidir claramente nas condicións laborais docentes, sobre todo no horario, nas funcións e na atribución docente dos módulos".

Máis aló da "opacidade, falta de transparencia e autoritarismo" co que a Consellería traballa cos citados grupos, a CIG pide que se presente a proposta en mesa sectorial, "de existir", e que "atrase calquera decisión ata negociar" cos sindicatos a reforma.

Alumnos en Olimpíadas de FP. JUNTA DE EXTREMADURA - Arquivo
Alumnos en Olimpíadas de FP. JUNTA DE EXTREMADURA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta