O PP quere usar o diñeiro do transporte escolar para aumentar en 400.000 euros ás axudas aos partidos políticos

A contía sairá do programa do transporte escolar tras "consultas vinculantes a Tributos que fixan a non suxección do IVE" desta actividade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2024 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario Popular presentou sete emendas ao estado de gastos do proxecto de lei de Orzamentos de 2025, entre as que se atopa a proposta de ampliar a dotación do programa de axudas aos partidos políticos nun importe de 400.000 euros.

Segundo recolle o apartado da xustificación da emenda, increméntase esta dotación para "axustala á evolución do IPC desde o ano 2017 ata a actualidade".

En concreto, os populares engaden que se financia coa diminución da mesma contía do programa de transporte escolar "como consecuencia das recentes consultas vinculantes da Dirección Xeral de Tributos que fixan a non sujección ao IVE" desta actividade.

Pero nunha rolda de prensa na que estivo acompañado dos conselleiros de Facenda, Miguel Corgos, e Vivenda, María Martínez Allegue, o portavoz parlamentario do PP galego, Alberto Pazos, avanzou que tamén se ampliará no medio millón de euros o programade tranferencias correntes a entidades e federacións deportivas.

O obxectivo, segundo recolle a emenda, é garantir "o correcto exercicio das funcións públicas que teñen delegadas" e tamén neste caso finánciase coa baixada da dotación do apartado do transporte escolar, con idéntica xustificación á da alza da contía de axudas para partidos.

OUTRAS EMENDAS

Pazos tamén aludiu á apertura da posibilidade para que as asociacións sectoriais sen ánimo de lucro poidan beneficiarse tamén das subvencións para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación de desempregados.

Ademais, incorpóranse algunhas correccións de carácter fundamentalmente técnico.

Pazos, Corgos e Martínez Allegue, en rolda de prensa.. PPDEG
Pazos, Corgos e Martínez Allegue, en rolda de prensa.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta