Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2024 | Actualizada ás 11:44
O Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña detivo a un home que conducía un tracto camión septuplicando a taxa máxima de alcoholemia permitida pola autoestrada AP-9, ao seu paso polo municipio coruñés de Ordes.
Os axentes de Tráfico realizaban un control de alcol e drogas neste punto cando observaron un vehículo composto por unha cabeza tractora e un semirremolque cunha masa máxima autorizada de 40 toneladas que circulaba sentido Tui "mantendo unha condución errática e zigzagueante", polo que iniciaron o seu seguimento ata a súa detención no quilómetro 41 da autoestrada.
Así, os gardas civís procederon a realizarlle as perceptivas probas de alcol e drogas ao condutor, que arroxou unha taxa de 1,01 mg/l en aire expirado nas probas de alcoholemia. Ao dar máis de 0,60 mg/l e non acreditar residencia en territorio español, os axentes procederon á detención desta persoa como autora dun delito contra a seguridade viaria.
O vehículo foi inmobilizado no lugar da detención, a disposición da empresa titular, que debería facerse cargo do mesmo. Agora, o detido enfróntase a unha pena de 3 a 6 meses de prisión ou de 12 a 24 meses de multa ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días en caso de ser condenado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.