Tanxugueiras e Fillas de Cassandra encabezan o cartel da terceira edición do festival EmigraSON de Bruxelas

A cita terá lugar na capital belga o próximo 22 de febreiro de 2025 e, ademais das artistas citadas, alí estarán tamén Terbutalina e De Ninghures.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2024 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Tanxugueiras e Fillas de Cassandra serán as cabezas de cartel da terceira edición do festival EmigraSON, que se celebra en Bruxelas da man de mozos emigrantes e que "se consolida como punto de encontro para bandas, emigrantes e amantes da música de Galicia". A cita terá lugar na capital belga o próximo 22 de febreiro de 2025 e, ademais das artistas citadas, alí estarán tamén Terbutalina e De Ninghures. Segundo explica a organización nun comunicado, o éxito das edicións anteriores levoulles a triplicar o aforamento da sala. Esperan acoller a unhas 1.300 persoas na sala La Madeleine. As entradas sairán á venda este venres 22 de novembro. 

Cartel da 3ª edición do festival EmigraSON que se celebrará en 2025 en Bruxelas
Cartel da 3ª edición do festival EmigraSON que se celebrará en 2025 en Bruxelas | Fonte: EMIGRASON

A iniciativa organízaa un grupo de mozos emigrados en Bélxica e busca "brindar un espazo de intercambio cultural á comunidade galega que vive no estranxeiro, ademais de visibilizar e dar a coñecer o talento galego no ámbito internacional". Destacan ademais que para esta edición, o EmigraSON conta co apoio da Xunta de Galicia, Deleite, Deputación de Pontevedra, Fundación Galicia Europa, Embaixada de España e dos eurodeputados Nicolás González Casares, Ana Miranda e Francisco Millán Mon.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta