Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2024 | Actualizada ás 14:25
A Xunta prevé actuar o ano que vén nuns 550 quilómetros de ríos galegos para executar labores de conservación e limpeza, que incrementen a súa resistencia ante os efectos causados por posibles inundacións, e reforcen a calidade ambiental das augas e a súa contorna.
Así o confirmou este martes a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, que dixo que o orzamento autonómico reservado para 2025 para o plan de conservación dos ríos de Galicia-Costa é de 2,7 millóns de euros, e os traballos máis habituais consisten na retirada de árbores caídas nas canles fluviais, limpeza de marxes, control de especies exóticas invasoras, ou eliminación de obstáculos que impiden o libre discorrer das augas.
Trátase, explicou a conselleira, de manter as condicións naturais das canles, mitigar os riscos de inundación, recuperar o bo estado dos ríos ou recuperar a súa funcionalidade geomorfológica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.