Cae o mito de que Galicia é o país dos lonxevos; a esperanza de vida é unha das máis baixas do Estado

A esperanza de vida en Galicia é de 83,6 anos, por baixo dos 83,77 anos da media española.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2024 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

A esperanza de vida ao nacer en Galicia subiu en 2023 ata os 83,6 anos, segundo despréndese das Táboas de Mortalidade publicadas este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidas por Europa Press.

Esta cifra supón un incremento en relación co 2022, cando a esperanza de vida dos galegos era de 83,23 anos. Con todo, sitúase por baixo da media estatal, que é de 83,77 anos. Así, Galicia é a undécima comunidade española con menor esperanza de vida, con Madrid á cabeza, con 85,39 anos. Por sexos, as mulleres nadas en 2023 en Galicia teñen unha esperanza de vida que chega aos 86,5 anos, mentres que a do home queda nos 80,6 anos.

NACEMENTOS

Entre outras cifras, o INE tamén publica o número de nacementos rexistrados en Galicia ata setembro, con 10.032 bebés, o que supón un 3,32% menos que no mesmo período de 2023. Só no noveno mes do ano naceron 1.106 nenos.

Pola súa banda, ata principios de novembro faleceron en Galicia 27.518 persoas, isto é un 1,33% máis que no mesmo período do ano pasado.

Man dunha anciá con bastón nunha imaxe de arquivo
Man dunha anciá con bastón nunha imaxe de arquivo | Fonte: CECUA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Ferroviario

Galicia está moi perto dos paises do mundo con maior esperanza de vida do mundo ( Mónaco 89,6; Singapur 86,5 ) . I en Galicia vívese moitos mais anos que en USA ( 77 anos de vida media). Así mais que falar de " cae un mito", o axustado sería decir que Galicia ten unha moi alta esperanza de vida en relación ca media mundial.

1 Ferroviario

Pois non cae o mito, porque a diferencia respecto da media é de 0,11 anos, é algo irrelevante.