Unha ex ministra e un ex conselleiro, no Consello de Administración de Nueva Pescanova

Elena Salgado e Antonio Couceiro, ex altos cargos co PSOE e co PP, figuran na nómina da antiga empresa galega, agora en mans dos bancos, tras o seu rápido saneamento e o despido de centos de traballadores.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/02/2016 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

A exvicepresidenta económica Elena Salgado e o ex conselleiro de Industria do PP, Antonio Couceiro, ocuparán un posto no consello de administración de Nueva Pescanova, a empresa pesqueira xurdida de Pescanova, logo de superar unha débeda de máis de 4.500 millóns de euros e o despido de máis de 1.000 traballadores.

Elena Salgado, ex ministra con Zapatero e conselleira de Nueva Telefonica
Elena Salgado, ex ministra con Zapatero e conselleira de Nueva Telefonica | Fonte: lamoncloa.gob.es

O Consello de Administración da nova multinacional, que se conformará o próximo día 25, estará formado por dez nomes propostos polo coñecido como G-7 -- Sabadell, Popular, Abanca, Bankia, BBVA, CaixaBank e UBI Banca--, que son os principais acredores da multinacional galega que agora a controlan.

Ademais de Couceiro e Salgado, tamén figuran Óscar García Maceiras, asesor legal da Sareb; Ramón Mais, Mariano Riestra, Fernando Valdés, José Luís Sáenz de Miera e José Barreiro. Os outros dous conselleiros serán propostos pola antiga Pescanova, que controla o 20% do capital da nova entidade.

A incorporación de Elena Salgado ao consello de Nueva Pescanova transcende un día despois de que se confirmase a fichaxe da exministra Trinidad Jiménez por Telefónica.

Elena Salgado Méndez, nada en Ourense, foi ministra de Economía e Facenda con Zapatero e, actualmente, é conselleira da compañía eléctrica Chilectra, cargo ao que chegou tres meses despois de abandonar o seu cargo de Vicepresidenta. Esta emrpesa é filial de Endesa e controlada á súa vez polo grupo italiano Enel.

Antonio Couceiro, membro do Consello de Administración de Nueva Pescanova
Antonio Couceiro, membro do Consello de Administración de Nueva Pescanova

Pola súa banda, Antonio Couceiro, foi Conselleiro de Industria con Fraga e presidente local e provincial do PP da Coruña. Foi conselleiro de Begano e actualmente é conselleiro de Inveravante.

Políticos e multinacionais

Salgado e Couceiro súmanse a unha longa lista de políticos membros de consellos de administración das multinacionais. Entre os políticos que colaboran ou colaboraron con empresas enerxéticas atópanse dous ex presidentes do Goberno. Felipe González, en Gas Natural Fenosa, e José María Aznar, asesor de Endesa, eléctrica que foi privatizada durante o seu mandato. Ademais, o antigo xefe do Executivo do PP é tamén conselleiro de New Corporation, o imperio mediático de Rupert Murdoch.

O ex ministro de Economía e ex comisario europeo Pedro Solbes senta no consello de administración da italiana Enel e é conselleiro do banco británico Barclays. Como vogal do consello de administración de Endesa tamén figura Miquel Roca, pai da Constitución e ex portavoz de CiU no Congreso durante varias lexislaturas.

O actual ministro de Economía e Competitividade e ex presidente de Lehman Brothers en España, Luís de Guindos, era membro do comité de nomeamentos e retribucións de Endesa, cargo que deixou para incorporarse ao Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Breogan

Son as portas xiratorias da CASTA

1 Foucellas

O subconsciente de Ana Pastor (franquista en funcións) personaxe desta calaña xa o dixo hai un días: Para un político non é fácil ser honrado. Entre cacos universitarios, vaidosos e paifocas está o asunto, e o pobo ninguneado. O poder (banca, fábricas de armas, farmacéuticas, igrexa e forzas do desorden) son o instrumento para roubar, explotar e rirse da soberanía popular. Onte coma hoxe, mañá coma hoxe e sempre igual.