A organización Causa Galiza, suspendida durante un ano

O xuíz di que realiza de “maneira sistemática actividades nas que se enaltece, xustifica e promociona o terrorismo". Independentistas cualifican de "disparatados" os argumentos esgrimidos e denuncian tamén a "condena" do "activismo dos procesados".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/02/2016 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco decretou hoxe a suspensión de actividades por un ano de Causa Galiza, ao considerala o "brazo político" de Resistencia Galega e polo seu apoio "explícito" á actividade terrorista en Galicia e aos detidos por terrorismo.

Manifestación en contra da ilegalización de Causa Galiza
Manifestación en contra da ilegalización de Causa Galiza | Fonte: @Causagaliza

Velasco adoptou esta decisión nun auto despois de que a sección segunda da Sala do Penal do Audiencia Nacional revogase por un defecto de forma a resolución pola que xa declarou a suspensión de actividades de Causa Galiza por dous anos en novembro de 2015.

No auto, Velasco lembra que Causa Galiza, desde a súa constitución en 2007, "veu realizando de maneira sistemática actividades nas que se enaltece, xustifica e promociona o terrorismo", converténdose "nun complemento necesario para a actividade desenvolvida pola organización terrorista" Resistencia Galega.

De feito, segundo o xuíz, esta causa séguese por difusión de comunicados, enaltecemento do terrorismo, exaltación de dous terroristas do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) e homenaxes a dous presos de Resistencia Galega, feitos que poderían ser constitutivos de delitos de integración en organización terrorista, enaltecemento do terrorismo, difusión pública de mensaxes e de consignas terroristas e invitación a cometer atentados terroristas.

Relata o auto que Causa Galiza naceu en xullo de 2007 como unha plataforma para aglutinar aos sectores críticos coa reforma estatutaria que se fixo ese ano, "englobando á contorna máis radical do independentismo galego". Entre os seus impulsores figuraban "varios detidos e condenados pola súa pertenza ou colaboración" coa organización terrorista Resistencia Galega.

Carteis de Lola Castro Lamas Mariana e Jose Vilar Regueiro, dous mortos do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), no acto do Día da Galiza Combatente de Causa Galiza en 2014
Carteis de Lola Castro Lamas Mariana e Jose Vilar Regueiro, dous mortos do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), no acto do Día da Galiza Combatente de Causa Galiza en 2014 | Fonte: gzvideos youtube

Entre 2013 e 2015, prosegue o xuíz, Causa Galiza preséntase finalmente como organización política, momento no que radicaliza a súa mensaxe. Para os investigadores, o exemplo máis claro desta radicalización é a organización en 2014 e 2015 do "Día da Galiza Combatente", acto que até o ano 2013 organizaba anualmente a Assembleia da Mocidade Independentista (AMI), organización que se disolveu tras a sentenza que declaraba organización terrorista a Resistencia Galega.

O pasado outubro foron detidos nove dirixentes de Causa Galiza acusados de enxalzar a actividade terrorista de Resistencia Galega e do EGPGC e de xustificar "a utilización da loita armada para a estratexia independentista".

Segundo a Audiencia Nacional, os nove constitúen supostamente o núcleo dirixente de Causa Galiza e participaron de maneira activa no referido acto, así como noutros nos que se desenvolveron accións de enaltecemento do terrorismo levado a cabo pola organización terrorista Resistencia Galega, herdeira do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC). EFE

"Gravísimas acusacións"

Sen embargo, o colectivo de independentistas procesados na Operación Jaro critica a decisión deste tribunal por manter as "gravísimas" imputacións impostas aos nove imputados. Nun comunicado cualifica como "disparatados" os argumentos esgrimidos para a xustificación destas decisións.

Denuncian a criminalización que se fai da celebración de actos informativos e concentracións sobre a historia do movemento independentista galego e que "fulmina os dereitos civís e políticos” dos afectados por esta causa, ademais de “facer caso omiso” de manifestacións como a do pasado 24 de xaneiro neste sentido.

Esta organización actuou sempre con métodos legais ao servizo do pobo galego e da causa independentista", indican a cualificar a actuación da Audiencia Nacional como un "disparate xudicial e político" destinado a "impedir" que traballen politicamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 Gamela

Case deberamos ir pensando en DISOLVER a Audiencia Nacional (?) Coma Tribunal centralizado e especializado foi creada polo Real Decreto Ley 1/1977 (BOE de 5 de enero de 1977) e senon estou equivocado a Constitución ten data 6 decembro 1978; así pois a AUDIENCIA NACIONAL é claramente un Tribunal Pre-Constitucional.

1 nostrus

Enton, si ti naciche antes do 6 de decembro do 78....¿eres preconstitucional e hai que disolverte?

2 Gamela

efectivamente eu son pre-constitucional e por iso mesmo podo falar de que a Audiencia Nacional foi creada nunhas circunstancias políticas moi especiais... que HOXE non deberan ter sentido: pois os delitos deberan xulgarse no lugar onde se cometen e a ser posible por un xurado popular que exerza a administración da xustiza democráticamente! Só así podemos MEDRAR coma pobo libre (os xuíces decimonónicos confunden Causa Galiza con Resistencia Galega e iso non é lóxico nin xusto!)

3 nostrus

Non fai falta nacer antes do 78 para saber cando foi creada a AN; eu sei cando foron as guerras carlistas e non nacin antes ca elas. Ao mellor pretendes que te elixan a ti como xuiz porque os xuices confundense.

4 Xandokas

...a Audiencia Nacional é a herdeira dos Tribunales de Orden Público.....

1 chen po ta!!!! (cora norde)

FORA!!!! FORA!!!! FORA!!!! A XUSTIZA EXPAÑOLA!!!! ---- señores esto non e xusto non e de xustiza ser independentista non pode ser ilegal, si queren ilegalizar a alguen neste país ilegalicen o burgues expañol do -vieiras, causa Galiza NON FIXO NINGUN MAL, pero -vieiras fixo moito malo sempre, apoiandose en dereitas en outros para medrar para roubar o pobo galego