En Marea alerta que un pacto PSOE-C's-PP favorece a Feijóo

Insta ao PSdeG que tome cartas no asunto e destaca que non apoiará ao PSOE se pacta con Ciudadanos por ser un goberno “PP 3.0”. En Marea contará con dúas portavocías do grupo confederal de Podemos; a de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a de Cultura.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 13/02/2016 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

Un acordo de Goberno no Estado entre o PSOE e Ciudadanos é “incompatible” para que En Marea o apoie. Así o advertiu a portavoz deste grupo no Congreso dos Deputados, Alexandra Fernández, que instou ao líder do PSOE, Pedro Sánchez a decidir se quere ser "parte do futuro" ou se aposta pola "gran coalición do medo" que formarían PP, PSOE e Cidadáns.

Alexandra Fernández, de En Marea, nunha rolda de prensa con Pablo Iglesias e os portavoces de En Comú Podem e És El Moment
Alexandra Fernández, de En Marea, nunha rolda de prensa con Pablo Iglesias e os portavoces de En Comú Podem e És El Moment | Fonte: En Marea

De feito, instou ao PSdeG para que "tome cartas no asunto", xa que se no conxunto de España chegásese á formación da gran coalición PP, PSOE e Cidadáns, estariaselle "dando ás ao goberno de Feijóo" polo que pediron responsabilidade cos galegos e que se faga todo o posible para camiñar por un goberno de cambio".

"Entendemos que non compartimos o seu proxecto e que non podemos apoiar o recambio do PP", dixo nunha rolda de prensa en Madrid ao cualificar este acordo como un pacto “PP 3.0” e que defenden a "continuidade das políticas do PP".

Así, suliñou que este pacto suporía que continúe no poder o Goberno en funcións "do PP e da corrupción" e insistiu que un programa de cambio é "dificilmente compatible" coa formación de Albert Rivera que "segue repartindo cheques en branco a quen está enfrascado nunha trama de corrupción que continua sendo unha suma e segue".

Por iso, insistiu en que a pesar de que En Marea considera que a demora nas negociacións se debe a unha estratexia do PSOE para tratar "de gañar tempo”. Con todo, destacou que En Marea continúa con "a man tendida" a Pedro Sánchez. "Cremos que deberiamos sentarnos nunha mesa" para abordar temas concretos, dixo.

Doutra banda, a deputada de En Marea pola Coruña Yolanda Díaz explicou que a agrupación parlamentaria de En Marea ostentará dúas portavocías do grupo confederal constituído entre Podemos e as confluencias de Cataluña e Galicia, na comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente con Antón Gómez-Reino e na de Cultura con Miguel Anxo Fernán Vello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

8 bipartidismo 2.0

De non ser pola irrupción das marcas brancas do bipartidismo, este estaría na UVI e moitisimo mais desacreditados ca nunca. Agora estaríamos a falar de botar ao bipartidismo en conxunto, e non só a unha das patas. Noraboa aos servicios secretos do réxime pola xogada.

7 Comunista

Se a Marea é Podemos, o Bloque é Ladremos.

6 nostrus

La tonteria de Podemos de los referendums por parroquias solo demuestra que son un conglomerado de desleales e insolidarios reciprocos en que cada grupo se cree mas listo e importante que el resto. Totalmente reñido con el espiritu democrático y con la izquierda que tanto predican, se llega a la conclusion de que tambien son hipócritas.

5 nostrus

Xa claro, pero un goberno con Podemos favoreceria aos indepes e as suas pallas mentais, aumentaria a incertidumbre e a desconfianza e polo tanto sería malo socialmente.

4 Teño morriña

Mellor que volva Torito coa Caride a facer pxoms como o de Vigo, Quin cos mojitos a esgalla e Antón Losada ameazando os xornalistas da TVG. Tempos aqueles...