Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2024 | Actualizada ás 17:20
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, estima que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) necesitaría incorporar 40 médicos de familia para absorber aos mutualistas de Muface, no caso de que se extinguisen os seus concertos, sen superar o cociente máxima de 1.500 cartillas por profesional que recomenda o Ministerio de Sanidade.
"Onde están eses profesionais?", preguntou o conselleiro este mércores ao ser interpelado sobre este asunto no pleno do Parlamento galego pola deputada do PP Encarna Amigo, quen sinalou a "guerra de ministerios" que parece estar detrás desta proposta.
Gómez Caamaño advertiu das "nefastas consecuencias" que suporía, "fundamentalmente en termos de listas de espera", a incorporación destes 63.000 traballadores públicos que na Comunidade empregan este sistema para recibir asistencia sanitaria.
O conselleiro lamentou que as comunidades autónomas non recibiron "ningún tipo de información" desde que o pasado 5 de novembro transcendeu que quedara deserto o proceso de licitación de Muface.
Ademais, Gómez Caamaño censurou que coñeceron "polos medios de comunicación a intención" do Ministerio de Sanidade, que dirixe Mónica García, de integrar aos mutualistas nos sistemas públicos nun prazo de nove meses, algo que non ve factible.
O informe que presentou este departamento, a xuízo do conselleiro, reflicte "os delirios ideolóxicos da ministra" e "o único que demiuestra é o descoñecemento absoluto do funcionamento do sistema".
Así, confesouse "francamente preocupado" ante a posibilidade de que o Sergas teña que absorber a estes pacientes e pediu "transparencia" e "coordinación" entre os propios ministerios que integran o Goberno de España.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.