Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2024 | Actualizada ás 14:07
O 16% das 1.092.388 vivendas familiares principais de Galicia teñen máis de 70 anos de antigüidade, mentres que o 18,5% foron construídas entre o 2001 e 2010. Así o recolle a estatística de vivendas familiares que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE), con datos correspondentes a 2022.
Así, de 1.092.388 vivendas familiares principais existentes en Galicia, o 15,94% son vivendas construídas antes do ano 1951. Do total, o 53,66% son pisos e o 44,36% son vivendas unifamiliares. Por provincias, tamén sobre o total de 1.092.388 vivendas familiares principais, o 42,04% están na provincia da Coruña, o 33,35% en Pontevedra, o 12,45% en Lugo e o 12,17% en Ourense.
Por outra banda, o prezo da vivenda libre subiu un 7,3% interanual no terceiro trimestre do ano en Galicia, taxa algo por baixo da rexistrada pola media estatal, segundo o Índice de Prezos de Vivenda (IPV) do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicado este xoves.
Os prezos da vivenda nova experimentan un incremento do 6,4% no terceiro trimestre en relación co mesmo período do ano anterior e os da vivenda de segunda man, unha alza do 7,5%
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.