A ponte comeza con avarías e grandes atrasos en Renfe

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2024 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

Unha incidencia técnica provocou atrasos en varios servizos ferrroviarios en Galicia durante a noite do pasado xoves, na que se iniciou a ponte da Constitución.

Os servizos de media distancia no Eixo Atlántico (A Coruña-Vigo) e entre Santiago e Ourense quedaron interrompidos desde as 21,45 horas por unha avaría rexistrada entre Faxil --Barro-- e Padrón (A Coruña), segundo trasladaron fontes de Renfe.

O tráfico estivo detido durante máis de dúas horas ata que o problema foi liquidado e puido retomarse a circulación ao fío da medianoite do venres.

En total, víronse afectados tres trens de media distancia da liña entre A Coruña e Vigo e un servizo da conexión de Galicia con Madrid por alta velocidade que partiu da estación de Chamartín ás 19,18 horas.

Un viaxeiro colle un tren. Eduardo Parra - Europa Press
Un viaxeiro colle un tren. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta