Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/02/2016 | Actualizada ás 18:31
O programa de humor Land Robert, da TVG, converteuse en trending topic na rede social Twitter grazas a unha agresiva campaña lanzada polo grupo Gemeliers que os acusou de ser unha “basura” e unha “verguenza”.
Unha campaña que, curiosamente, tivo lugar despois de que os dous cantantes do grupo, Jesús e Daniel, estiveran como convidados no programa de Roberto Vilar. Foi, precisamente, logo do programa cando comezaron a súa campaña nas redes sociais denunciando que é "el pero programa al que hemos ido nunca”.
Por iso, incitaron aos seus fans a tutear contra o veterano show de Roberto Vilar. O motivo, segundo explicaron eles mesmos, é que se sentiron ridiculizados no programa e que Roberto Vilar se “riu” deles porque "confuden o humor coa falta de respecto".
Sen embargo, Land Rober transcorreu con normalidade mentres eles estiveron alí. De feito, o equipo do programa da TVG, a través da súa conta de Twiter, non reflectiu ningún problema cos integrantes de Gemeliers.
De feito, o espazo compartiu fotos e vídeos da visita dos irmáns cantantes, e das bromas que como sempre efectúan cos seus convidados. Durante o programa, o dous cantantes mesmo participaron en escenas cómicas e, seguiron, en todo momento, as bromas de Roberto Vilar e dos seus colaboradores.
Foi ao final, e segundo comenta o propio presentador, cando notou que os dous mozos se enfadaron e marcharon de malos modos do programa. Roberto Vilar di non entender o seu comportamento. Así o relata o propio conductor:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.