Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/02/2016 | Actualizada ás 16:00
A administración concursal que se encarga da liquidacións dos bens da construtora Martinsa Fadesa acaba de sacar a poxa pública dous campos de golf; un Aranxuez (Madrid) e outro en Jaca (Huesca) por un importe conxunto que deberá ser dun mínimo de 2,86 millóns de euros.
O campo de golf de Aranxuez, que sae a poxa por 1,75 millóns, conta cunha superficie aproximada de 51 hectáreas e está situado xunto ao hotel Barceló Aranjuez e ao Casino de Aranjuez. Pola súa banda, o de Huesca conta cunha superficie total de 448.251,55 m2 e unha edificabilidade de 13.865 m2. Sae por 1,11 millóns.
O proceso de liquidación da inmobiliaria comezou antes do verán de 2015, despois de que a comezos de marzo do pasado ano o xulgado acordase a apertura da fase de liquidación de Martinsa Fadesa e doutro cinco entidades debedoras.
Por iso, xunto con eses dous campos de golf, Martinsa Fadesa sacou a poxa 20 locais na Coruña, Murcia, Asturias, León, Madrid e Huesca. Tamén 180 garaxes en Canarias, Madrid, Asturias, Mallorca, León, Toledo e Almería.
En canto ás promocións en curso, tamén sacou ao mercado 4 vivendas en Valencia e 1 en Sevilla, así como 3 terreos en desenvolvemento en Salamanca, Madrid e Sevilla. Polo que respecta ao terreo finalista, os activos a poxar comprenden unha parcela nas Palmas por 31 millóns. Tamén terreos en Huelva, Madrid, Tenerife, Cantabria, Valladolid, Ourense, A Rioxa, Huesca e Valencia. As ofertas por estes activos poderán presentarse até o próximo 18 de marzo.
O 11 de marzo de 2011, un xulgado galego aprobou o plan de Martinsa Fadesa para pagar os seus 7.200 millóns de euros de débeda nun prazo de até 10 anos e levantar un dos maiores concursos de España. Con todo, a falta de liquidez da inmobiliaria e os incumprimentos do convenio de acredores levaron á compañía á liquidación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.