Touriño e Quintana, xuntos sete anos despois

O ex presidente e ex vicepresidente do bipartito asistiron a unha tese sobre os últimos tempos do seu goberno realizada polo politólogo e dirixente de CxG, Paulo Carlos López.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/02/2016 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

O expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o seu entón vicepresidente, Anxo Quintana, volveron coincidir nun foro político, sete anos despois de ter perdido o poder. Un encontro distendido que tivo como marco unha tese doutoral. Un traballo do politólogo e dirixente de Compromiso por Galicia, Paulo Carlos López, sobre, precisamente, os últimos tempos do bipartito.

Rafael Cuíña, Emilio Pérez Touriño, Anxo Quintana e Paulo Carlos López durante a lectura da tese deste último
Rafael Cuíña, Emilio Pérez Touriño, Anxo Quintana e Paulo Carlos López durante a lectura da tese deste último | Fonte: FB Rafa Cuíña

“A construción da axenda política, mediática e pública nas eleccións galegas de 2009. Estratexia partidaria, produción dá información e cidadanía", é o título desta investigación dirixida polo profesor e doutor Luís Álvarez Pousa. Nela, López, que obtivo a máxima cualificación do tribunal, analiza as causas que levaron ao goberno PSdeG-BNG a perder as eleccións ante Alberto Núñez Feijóo.

Aínda que Touriño e Quintana quixeron ser discretos, o certo é que acapararon toda a atención, especialmente, nun momento político tan convulso como o actual. Por iso, os dous ex dirixentes políticos apostaron por un goberno de cambio en Madrid logo do acontecido o 20D.

“Sería bo que foran quen de poñerse de acordo e poder acometer así varias reformas importantes, ademais de liquidar esa fenda extraordinaria que nos deixou a crise en termos sociais", dixo Touriño sobre as negociacións que mantén o PSOE con Podemos.

E, precisamente, puxo como exemplo a “cultura da coalición” que houbo no bipartito e que, suliñou, “este país necesita” para  e “conformar unha experiencia, en todo caso, totalmente innovadora".

Pola súa banda, Quintana suliñou que “existe unha vontade maioritaria de cambio que se reflectiu nas votacións do pasado mes de decembro” e amosouse sorprendido pola “falta de respecto institucional que se está vendo en todo este proceso". “Están a pasar cousas que serían imposibles na miña etapa no Executivo e que carrexarían a morte política dos involucrados”, dixo.

Sobre as conversas entre Podemos e o PSOE, criticou que "Galicia non exista nesta movida", ao contrario do que si ocorre con outras zonas como Valencia, Cataluña e Euskadi. En  todo caso, precisou que “se isto está así é porque os galegos e as galegas preferiron que fose así".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

3 Paula Carla

Ai, tantos anos de tese e tanto bombo mediático para concluir unha realidade xa coñecida... non sei se este sicario da política á procura desesperada dun posto tería capacidade analítica e collóns para profundizar no papel dos medios de comunicación tradicionais, sobre todo da prensa escrita, nesa mala imaxe e pésima comunicación do bipartito. Ademáis de Cuiña, con quen falsea resultados de enquisas tendenciosas, e da ausencia xustificada de Táboas, da que quixo ser xenro, tería que ter convidado a Aymerich que o sentou de bolseiro a enredar no Parlamento. Vaia relevo xeracional nos espera! Ármense, de valor e de paciencia tamén.

1 Sariña de Oia

No parlamento ninguén entra enchufado coma bolseiro, vai por concurso; o resto do que dis pode ser verdade ou non, pero o 'tonillo' de crítica en plan listillo cheira demasiado a troll dalgún partido.

2 Paulacarla2

a paula carla...Este tipo de comentarios con mala "saña" soen ser típicos do gran secretario de organización de Compromiso por Galicia, ese que se adica a que a xente se dea de baixa grazas aos seus comportamentos toscos, así só quedarán os puros-rancios...

2 Ana

Valencia ten a Compromís para esixir una mellor financiacion, Euskadi ten o PNV, Canarias a CC, Catalunya a En Comú Podem para pedir un referendum, mais ninguén defende os interses dos galegos. En Marea decepcionou aos seus votantes xa que nin teñen grupo parlamentario propio, nin marcharon o grupo mixto coma Compromís, nin están a vender caro o seu voto nas negociacions coma si fan outros. Con esta xente de En Marea vamos camino de ser rexion mentras outros avanzan a ser nación, ata Valencia e Andalucia xa nos pasan por diante. E mentras, Galiza ve coma están en crise moitos dos seus sectores económicas, sen banca publica galega, coa xuventude emigrando e con problemas demográficos, a lingua perdendo falantes e presenza en todolos ámbitos, etc. E os galegos sin darse conta que hai que defender o propio igual que fan catalans, vascos, madrileños, andaluces, valencianos, canarios, etc.

1 Comunista

410.000 galeg@s xa se deron conta de que hai que defender o propio igual que fan cataláns, vascos, madrileños, andaluces, valencianos, canarios,... por iso votamos En Marea e NON a un BnG que estivo 20 anos en Madrid de turismo. Agora pretendedes que En Marea faga en 20 días o que o BnG non fixo en 20 anos. Seguide así, facendo o traballo suxo a PP-PsoE atacando ás Mareas, que xa se encargará o pobo galego de seguir castigándovos por traidores, sipaios e vendepatrias.

1 anonimo

o feito de que o fin daquel gobernó sexa obxecto de tese pon en ridículo os protagonistas... non si? Tanta sabiduría espallada pola terra e duas portadas de periódico acaban cun gobernó¡¡¡ Non hai problema agora si que están preparados para gobernar a Chunta... por certo o psdg sigue existindo¡¡