Un total de 55 rutas pola natureza galega aspiran ao distintivo Sendero Azul para 2025

O obxectivo para Galicia, explicou a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, é revalidar o resultado da pasada edición, cando se converteu na comunidade co maior número de distintivos deste tipo: 49 das 128 bandeiras concedidas no conxunto do país e unha rede de itinerarios azuis de 319,37 quilómetros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2024 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

Galicia volve liderar as candidaturas á bandeira Sendero Azul 2025, un distintivo que concede a a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac), con 55 rutas aspirantes. Segundo informou a Xunta, este distintivo ten como obxectivo recoñecer o papel das rutas e camiños como un recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de lecer ao aire libre e axudar a interpretar ambientalmente a contorna.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, detallou, durante a súa participación en Ourense na reunión do xurado responsable do programa, que oito das candidaturas galegas optan por primeira vez a este recoñecemento. A provincia de Ourense busca revalidar o galardón que obtivo por primeira vez este ano e volve presentar a candidatura da ruta da Aceveda, no Parque Natural O Invernadeiro, en Vilariño de Conso. O obxectivo para Galicia, explicou a directora xeral, é revalidar o resultado da pasada edición, cando se converteu na comunidade co maior número de distintivos deste tipo: 49 das 128 bandeiras concedidas no conxunto do país e unha rede de itinerarios azuis de 319,37 quilómetros.

Bosque, árbores, outono, paisaxe, natureza
Bosque, árbores, outono, paisaxe, natureza | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta