Por Galicia Confidencial | Vilagarcía de Arousa | 15/12/2024 | Actualizada ás 13:35
Os galardóns, que recoñecen as contribucións e logros dos organizadores de festivais e outros actores da industria en España e Portugal durante o ano anterior, contan co Revenidas entre os finalistas nas seguintes categorías: Mellor Festival de Formato Medio, Mellor Actuación en Vivo dun artista español ou portugués (Rebeliom do Inframundo), Mellor Actuación en Vivo Internacional (Dubioza Kolektiv), Mellor Programación Cultural, Mellor Promoción Turística, Mellor Fotografía de Festival (Christian Pérez), Mellor Cobertura en Vídeo (Xoán Tourís) e Mellor Acollemento e Recepción.
Na edición de 2024, Revenidas foi finalista en dúas categorías (Mellor Festival Lusófono e Hispánico e de Mellor Fotografía de Festival) polo que, en palabras da organización, "os oito nomeamentos deste ano supoñen un gran salto cualitativo e cuantitativo".
A gala de entrega de premios da novena edición dos Iberian Festival Awards terá lugar o 15 de marzo en Almancil (Portugal).
O edición de 2024 do festival Revenidas, celebrada do 12 ao 14 de setembro, congregou a 25.000 asistentes nun extraordinario ambiente e cunha reafirmada aposta pola música galega (Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, The Rapants, Guadi Galego, Dakidarría, Rebeliom do nframundo…) e grandes artistas do panorama nacional e internacional como Talco, Dubioza Kolektiv, La Pegatina, Narco ou El Kanka.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.