Ana Pontón, probábel nova líder do BNG

O Consello Nacional do Bloque aprobou este sábado a lista para a súa renovación. Como resultado, o máis probábel é que a deputada no Parlamento de Galicia Ana Pontón sexa a primeira muller que exerza como voceira nacional do BNG.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/02/2016 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

A lista coloca a Goretti San Martín como número dous. San Martín é a vicepresidenta da deputación da Coruña e a actual responsábel da Executiva no referido a política local.

Goretti Sanmartin, Ana Pontón e Pilar García Negro na presentación dunha iniciativa lingüística
Goretti Sanmartin, Ana Pontón e Pilar García Negro na presentación dunha iniciativa lingüística

As dúas citadas dirixentes son militantes da Unión do Pobo Galego (UPG), o histórico partido nacionalista e comunista que participou na creación do Bloque.

Aínda que será a próxima Asemblea Nacional Extraordinaria quen aprobará ou modificará definitivamente esta proposta, o máis probábel é que reciba luz verde. A UPG é o partido máis numeroso e activo entre a militancia da fronte, polo que non debera ter problema en sacar adiante esta candidatura. 

A elección implica un significativo cambio na estratexia do BNG, pois até hoxe o cargo de voceiro nacional nunca estivera ocupado por un militante da UPG. Incluso cando o elixido era moi próximo a este partido -caso de Guillerme Vázquez, formalmente non militaba na Unión do Pobo Galego.

Ana Belén Pontón Mondelo naceu en Sarria en 1977. Na actualidade forma parte da Executiva como responsábel da Secretaría de Políticas para a Mocidade. Dende 2012 é a voceira do BNG no Parlamento de Galicia.

Ana Belén Pontón
Ana Belén Pontón

Aínda non está confirmado se Pontón aspirará tamén a ser cabeza de cartel ás eleccóns ao Parlamento e polo tanto á presidencia da Xunta de Galicia.

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

10 era visto

upg!! upg!! upg!! adiante xa, coa upg!!

9 límico

Únicamente opinades os que tedes un odio visceral á parte mais activa e seria do nacionalismo galego, e non consigo saber por que. Eu son militante do BNG e endexamais recibín presión algunha da UPG. O meu voto sempre foi completamente libre. O que non me crea non ten mais que entrar no BNG e comprobalo.

1 Trocomotxo

Exacto.Eu tamén. E canto máis vexo disto máis me reafirmo. Algo non cadra para que desexen a desaparición do BNG máis os que teoricamente comparten casi todo con nós que o españolismo recalcitrante. E será verdade tamén que hai nacionalistas fóra do BNG pero na práctica.... Onde están? A realidade é moi teimuda e está retratando todos os días ese "grupo galego"? Onde está? Quen son? Que fan? Grupo onde...?

8 nostrus

Ya sabemos que el bloque tiene banquillo suficiente para protagonistas para el estrellato (nunca mejor dicho). El nacionalismo gallego esta creado para que los no nacionalistas nos divirtamos.

1 barbaña

Os nacionalistas españois si que sodes páteticos. Só estades de acordo contra Catalunya e na letra do voso himno. ghá, ghá, ghá....

2 Españolistas dades noxo

"no nacionalistas" *risos*

7 Francisco Carlos

Que pare o mundo que me quero baixar. Una vividora eterna da politica, que non pegou pau ó auga na súa vida, vai ser o FUTURO DO BNG?

1 Juas juas

JAJA non como PAblo Iglesias e Beiras que baixaron á mina e foron ao mar e sacharon a terra!!!

2 Gustavo

Ambolos dous son profesores universitarios, e viven diso que se saiba, polo menos cando non ocupan/ocupaban cargos. Outros/as non teñen emprego ao marxe da política, é por iso que se lles mantén sempre "ocupados" dentro dela.

6 comunista independentista

Responsábel da Secretaría de Políticas para a Mocidade con 39 anos... Así vai o BnG.

1 xacobe

Home, si a idade é determinante, será para todos e todas, tamén para un tal "Xose Manuel" ou non?

2 Comunista

Que a Responsábel de Mocidade sexa unha case corentona non é realmente o importante, anque sexa unha característica común a todos o partidos sistémicos. Nuevas Generaciones e Juventudes Socialistas tamén teñen responsábeis alopécicos ou que peitean canas. O que resulta paradigmático é que a responsabilidade das políticas xuvenís no BnG recaia nunha política profisional que practicmante foi liberada do partido dende o berce, e que polo tanto, ignora completamente os problemas da mocidade galega: desemprego, emigración, precariedade laboral... Eis a foto da desconexión total do BnG coa sociedade galega.