Ana Pontón, probábel nova líder do BNG

O Consello Nacional do Bloque aprobou este sábado a lista para a súa renovación. Como resultado, o máis probábel é que a deputada no Parlamento de Galicia Ana Pontón sexa a primeira muller que exerza como voceira nacional do BNG.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/02/2016 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

A lista coloca a Goretti San Martín como número dous. San Martín é a vicepresidenta da deputación da Coruña e a actual responsábel da Executiva no referido a política local.

Goretti Sanmartin, Ana Pontón e Pilar García Negro na presentación dunha iniciativa lingüística
Goretti Sanmartin, Ana Pontón e Pilar García Negro na presentación dunha iniciativa lingüística

As dúas citadas dirixentes son militantes da Unión do Pobo Galego (UPG), o histórico partido nacionalista e comunista que participou na creación do Bloque.

Aínda que será a próxima Asemblea Nacional Extraordinaria quen aprobará ou modificará definitivamente esta proposta, o máis probábel é que reciba luz verde. A UPG é o partido máis numeroso e activo entre a militancia da fronte, polo que non debera ter problema en sacar adiante esta candidatura. 

A elección implica un significativo cambio na estratexia do BNG, pois até hoxe o cargo de voceiro nacional nunca estivera ocupado por un militante da UPG. Incluso cando o elixido era moi próximo a este partido -caso de Guillerme Vázquez, formalmente non militaba na Unión do Pobo Galego.

Ana Belén Pontón Mondelo naceu en Sarria en 1977. Na actualidade forma parte da Executiva como responsábel da Secretaría de Políticas para a Mocidade. Dende 2012 é a voceira do BNG no Parlamento de Galicia.

Ana Belén Pontón
Ana Belén Pontón

Aínda non está confirmado se Pontón aspirará tamén a ser cabeza de cartel ás eleccóns ao Parlamento e polo tanto á presidencia da Xunta de Galicia.

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

5 Pontona forever

Tomade renovaçao da man do triunvirato upegallo. Política profesional montada no dolar grazas á política profesional, única actividade da devandita, estade seguros de que será fiel voz do seu amo: a UPG.

4 Felix

Non son do BNG, compre decilo; perón, coido que o camiño percorrido por Pontón e as posicións que mantén de cotío poden aportar osíxeno ao BNG e a vida política deste "impaís"; que sexa da UPG mesmo paréceme MOI BEN nunha nazón esnaquizada pola cobiza e o fatalismo católico. Sería unha boa nova que Pontón asumira o reto de apresentar a súa candidatura.

3 Estremadura Castela La MAncha

E por que non poñen mellor a Buitrón o pacovazquista da Marea?

1 Aturuxo

Cuidado que os da UPG están que trinan nas redes usando e abusando da vella política estalinista de acusar a os outros das miserias propias Son tan patéticos que se non foran insignificantes darían medo.

2 Shin-Chan

+ UPG = - votos. Mira que é fácil a ecuación; e nada. Noraboa... aos da Marea.

1 Pazo de Beiras

Que ti xa non lle ibas votar pillabán

2 Shin-Chan

Collíchesme!!

1 DigoEu

Pois a nova marioneta da UPG.