O futuro do galego: Rueda disposto a facer "cambios" en educación pero non unha "inmersión" lingüística

"Non estou de acordo coa inmersión, nin desde o punto persoal, en ningún dos idiomas", di sobre a derogación do decreto do bilingüismio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2024 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou este luns que o seu goberno está "a disposición de falar e facer cambios" no ámbito educativo en relación á lingua, aínda que coa "liña vermella" de "non permitir a inmersión".

Así respondeu, en declaracións aos medios, ao ser preguntado sobre a declaración institucional da última sesión plenaria da Real Academia Galega, na que se apunta á responsabilidade da Xunta na perda de falantes novos do idioma galego. Sen "intención de polemizar" coa RAG, Alfonso Rueda asegurou que, na súa opinión, "a escola non é un problema" se non "unha solución" á perda de falantes do galego, algo no que a Xunta busca "incidir".

Por iso, expresou a "disposición" do Goberno galego de "falar de facer cambios" neste ámbito, aínda que coa "liña vermella de non permitir a inmersión", que considera "unha opción política dun partido", o BNG, coa que dixo "non estar de acordo".

"Non estou de acordo coa inmersión, nin desde o punto persoal, en ningún dos idiomas, nin, desde logo, desde o punto de vista de responsabilidades de Goberno. Por tanto, estamos dispostos a falar de todo, pero se a derogación do decreto do bilingüismo, e ata agora sempre se interpretou así, supón por optar por un modelo de inmersión de calquera das dúas linguas, non estou de acordo", resolveu.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a Real Academia Galega (RAG). DAVID CABEZÓN
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a Real Academia Galega (RAG). DAVID CABEZÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario (1 pend. aprobación)