Entre 60.000 e 650.000 euros de multa para o agresor do avó do árbitro menor de idade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2024 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

A Comisión Galega de Control da Violencia celebrou este martes unha reunión urxente ante a agresión que recibiu o avó dun árbitro menor de idade (16 anos) o pasado domingo na liga galega cadete feminina de balonmán, en concreto no encontro Sanxenxo Balonmán-Rasoeiro BM.

Tras esta situación, o secretario xeral de Deporte e presidente da Comisión, José Ramón Lete Lasa, trasladou nunhas declaracións que acordaron abrir un expediente sancionador contra ao agresor por "infracción moi grave". Así, a apertura deste expediente poderá chegar a supor ao presunto agresor unha multa de entre 60.001 e 650.000 euros e a realización de traballos sociais no ámbito deportivo. Ademais, como medida cautelar terá prohibida a entrada a calquera recinto deportivo.

Doutra banda, Lete Lasa comunicou que hai constancia de que se interpuxo xa unha denuncia ante a Garda Civil de Cambados contra a agresión, polo que a causa continuará "o curso penal que corresponda".

O agresor do partido de balonmán Sanxenxo-Rasoeiro será sancionado pola Comisión Galega de Control da Violencia
O agresor do partido de balonmán Sanxenxo-Rasoeiro será sancionado pola Comisión Galega de Control da Violencia | Fonte: DEPORTE-XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta