Rosalía de Castro, poeta internacional

AGAL celebra o día do nacemento da escritora padronesa con 18 vídeo-poemas enviados desde todos os recunchos da lusofonía. A RAG conmemora o día cun concerto de Amancio Prada e a Xunta cun espectáculo que combina narración oral e tradicional.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/02/2016 | Actualizada ás 09:41

Comparte esta noticia

Rosalía é a poetisa máis coñecida de Galicia e a máis internacional. Este día 24 conmemorase o seu nacemento e, para celebralo, distintas institucións e entidades realizarán diferentes eventos. O máis novidoso é o da Associaçom Galega da Língua (AGAL), que levou á escritora ao espazo lusófono coa iniciativa "Rosalía é mundial".

A escritora e poetisa, Rosalía de Castro
A escritora e poetisa, Rosalía de Castro

Así, esta entidade lanzou xa 18 vídeos a través de Youtube e das redes sociais con poemas de Rosalía recitados por persoas que viven en distintos países lusófonos, entre eles, Portugal, Brasil e Angola. Este mércores dará a coñecer o que máis gustou de todos eles.

Os poemas son acompañados con subtítulos da versión orixinal dos poemas. “A AGAL pretende assim fazer ver como a unidade da língua galego-portuguesa está por cima de momentos históricos, sotaques e ortografias. A obra em galego de Rosalia é lusófona, é mundial”, sinala.

Entre os participantes nesta iniciativa están, desde Galicia, a blogueira Carme Saborido, o realizador e editor Rafa Janeiro, o escritor Carlos Quiroga e as escritoras Maria do Cebreiro, Susana Arins e Andrea Nunes. De Portugal, declama o director de fotografía Carlos Mendes Pereira, o fadista Eduardo Monteiro e o figueirense João Roque. A participaçom africana, de Angola, chega pola mao do luandense Joaquim Domingos Manaça.

O Brasil é, no entanto, o país que mais contributos enviou: o leitor da USC Márlio Barcelos, a produtora Amanda Prado e o coñecido escritor Michel Yakini, ademais de Wellington Freire Machado, da universidade Federal do Rio Grande do Sul, entre outros.

Finalmente, resultou gañador Carlos Mendes Pereira co poema "Castellanos de Castilla". Este é o seu videopoema:     

RAG, Xunta e Concello de Ferrol

Pola súa banda, a Real Academia Galega (RAG) celebrao aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun concerto de Amancio Prada. O músico interpretará coa súa voz e guitarra composicións da poeta, á que leva cantando máis de corenta anos.

Como chove muidiño, A xusticia pola man ou Campanas de Bastabales son algúns dos poemas que soarán no salón de actos da RAG. Baixo o título Rosalía no son e na voz de Amancio Prada, o acto é un agasallo do músico berciano no día do aniversario do nacemento de Rosalía

Tamén a Dirección Xeral de Política Lingüística celebrará este día con 'A viaxe de Rosalía', que é a segunda das actividades en marcha no marco do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes 2016'.

A proposta combina as técnicas da narración oral tradicional coa interpretación actoral, uns fermosísimos monicreques de mesa e música para mostrarnos a vida e a personalidade da nosa autora máis universal, Rosalía de Castro.

A esta iniciativa tamén se suman os concellos. Así a Concellería de Participación e Normalización Lingüística de Ferrol súmase a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) con 'EU SON ROSALÍA', e agasalla aos CEIPs cun exemplar de 'Rosalía Pequeniña' para encher as súas bibliotecas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 Cacófobo

Era fea como un demo. A foto está retocadísima.

3 nostrus

Rosalia é unha gran escritora española en lingua galega, inda que non a falaba.

1 fora paiaso

e o nostrus é un grande escritor do galicia confidencial que non fala, só ben botar o seu turulho de nacionalismo espanhol a ver o que provoca, o criminal

2 nostrus

Rosalia é un claro exponente do bilingüismo en Galicia no que o español era a sua lingua propia pero elexiu escribir en galego, inda que tamen ten algunha obra en castelan. Si esto molesta aos naciotas é porque non respetan a realidade galega.

3 Aljubarrota

sim, mas escreveu: “pobre Galicia,non debes chamarte nunca española“ ... a verdade,Nostrus, é que a maioria dos galegos nom som tam orgulhosamente espanholis coma ti. Por isso andas metendo tanto bruído, embora segundo me dixo onte tua nai é que ti gostas tamém que che deam nesse buraco

2 Abriel

www. Por moito que berres a FPG está en PODEMOS!

1 wwww

OS lusistas son asi, primeiro dinn que o galego ctual e a sua ortografia son inventos de Filgueira valverde e logo celebran a Rosalia que escribía un galego coma o actual hai 150 anos. Nunca vin movimento mais falso e mentirán.

1 Españolistas dades noxo

Claro, os apóstrofos e os ç nos que escribía Rosalía son calcados ao ILGaRAGuense. Por non quitar que a ortografía é unha representación arbitraria do idioma, que é o mesmo.

2 3kdg

Os apóstrofos e a ç usanse en ducias de linguas, non os usaba porque foran portugueses.

3 anticastrapeiros

sim, pero os antilusistas coma vós nom empregades os ç porque nom quredes parecer portugueses ... claro, como Lisboa está sempre ameaçando com invadir-nos!

4 jT65

Non os usamos "ç" porque o 90% dos galegos dicimos "corazón" non "coraçon", e non nos invaden os portugueses porque aquí so teñen 10 mortos de fame defendendo as súas ideas.