Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2024 | Actualizada ás 14:10
A Real Academia Galega (RAG) dedicará no ano 2025 o Día das Letras Galegas ao cancionero popular. En todo caso, non se teñen en conta aos homes nesta homenaxe, senón as mulleres cantareiras ou pandereiteiras. Así o decidiu o pleno da institución reunido este venres en sesión ordinaria e anunciouno, en rolda de prensa, o presidente da institución académica, Víctor F. Freixanes.
Esta proposta de poesía oral, impulsada pola académica Ana Boullón, xa concorreu o ano pasado no que finalmente se homenaxeou a Luísa Villalta. Nesta candidatura están incluídas só por cantareiras Adolfina e Rosa Casás Rama, a pandereteira Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens (Malpica), que son Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema. Con todo, o Cego dos Vilares non está incluído nesta ocasión.
Segundo informou o presidente da entidade académica en rolda de prensa, acordaron homenaxear a estas artistas o próximo 17 de maio porque "representan a voz da muller na tradición popular". "Estamos a celebrar a fantástica, xenerosa e extraordinaria contribución histórica da muller á lingua e á transmisión da lingua e a cultura galega", recalcou, para apuntar que as mulleres "son o gran corazón deste país".
LITERATURA CULTA
Boullón destacou que esta "candidatura exclusivamente feminina" pretende ser "un recoñecemento a esa tradición oral que leva séculos transmitíndose de maneira silenciosa socialmente porque está fóra dos círculos académicos". "A literatura popular tamén é literatura culta", insistiu. Estas mulleres, sinalou, representan unha ponte "entre toda a tradición popular centenaria que temos en Galicia e as novas xeracións, grupos novos que teñen popularidade e que están a fusionar os temas populares cos novos ritmos". "A nosa música ten futuro adaptada aos novos tempos", apostilou.
Segundo explica a RAG, nas últimas décadas do século XX, o traballo realizado pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth e o académico galego Antón Santamarina, autores da recollida e edición nos anos 80 do século pasado do 'Cancioneiro popular galego', permitiu identificar a Adolfina (1912-2009) e Rosa Casás Rama (1013-2005), tía e sobriña. Doutra banda, engade, que tamén a principios dos anos 80, a formación musical Milladoiro subía aos escenarios a Eva Castiñeira (1926-2010) quen, xunto á súa sobriña, "foi a primeira pandereteira en actuar cun grupo folk". Antes, a inicios dos 70, actuarían en palcos folclóricos as Pandereteiras de Mens.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.