Morre tras sufrir unha descarga eléctrica dun farol en Laxe

O traballador estaba cambiando un dos farois

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2024 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Un operario perdeu a vida este venres tras sufrir unha descarga eléctrica que proviña dun farol mentres realizaba labores de mantemento na iluminación da localidade coruñesa de Laxe. Segundo trasladou o 112 Galicia, sobre as 11.40 horas recibiu información de que unha persoa sufrira unha descarga eléctrica dun farol na rúa do Sol.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Laxe.

Xa no lugar, os servizos de emerxencias efectuaron o rescate da vítima, xa que se atopaba na cesta dun guindastre, a un sete metros de altura. Con todo, unha vez rescatado, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Un farol
Un farol | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta