A parella ferida no incendio de Cuntis prosegue en estado grave

A situación da parella é grave xa que presentan queimaduras de segundo e terceiro grao.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2024 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

A parella que resultou ferida o pasado sábado o incendio rexistrado na súa vivenda de Cuntis permanece ingresada en estado grave na unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, segundo confirmaron fontes hospitalarias consultadas por Europa Press. A situación da parella é grave xa que presentan queimaduras de segundo e terceiro grao. Na súa evolución non hai cambios tras o seu ingreso e atópanse estables, ingresados na unidade de queimados e con prognóstico grave.

Mentres, a filla de ambos, un bebé de 10 días, resultou ilesa no incendio que se declarou no domicilio e atópase a cargo dunha familiar. A alerta polo incendio produciuse á primeira hora da tarde do pasado sábado, cando un particular avisou ao 112 de que estaba a arder unha vivenda do lugar da Raxeira, na parroquia de Couselo.

O CIAE 112 mobilizou aos Bombeiros de Vilagarcía, Garda Civil, Emerxencias da Estrada e Protección Civil de Cuntis, ademais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia. Os efectivos sanitarios trasladaron a home e unha muller (un deles en helicóptero medicalizado), ademais dun bebé de poucos días. O incendio, que se orixinou nun radiador, afectou a parte da cociña da vivenda, ao teito e ás paredes.

Chuac
Chuac | Fonte: Xunta de Galicia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta