Unha incidencia informática deriva en retrasos de 60 minutos na liña de tren Madrid-Galicia

Renfe suspendeu este mércores a circulacion dos trens Talgo Avril debido a un fallo informático e está a recolocar a todos os viaxeiros noutras composicións para garantir a súa mobilidade, segundo informou a través da rede social X.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 01/01/2025 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Renfe suspendeu este mércores a circulacion dos trens Talgo Avril debido a un fallo informático e está a recolocar a todos os viaxeiros noutras composicións para garantir a súa mobilidade, segundo informou a través da rede social X. "Debido a un fallo de comunicación entre o sistema de control e os cargadores de baterías dos Avril, os trens non poden operar nestes momentos. Desde Talgo estamos a traballar conxuntamente con Ingeteam, operador do cargador das baterías dos trens, para liquidar o incidente e poder restaurar o servizo con moita brevidade", explicou a compañía nun comunicado.

Así mesmo, e derivado da incidencia dos Trens Avril, a liña que conecta Madrid-Galicia e Madrid-Asturias está a rexistrar atrasos medios de 60 minutos. As comunicacións entre Madrid-Zaragoza-Barcelona teñen demoras medias de 20 minutos e a liña Madrid-Valencia-Alacante-Murcia acumula atrasos medios de 30 minutos. Segundo indicaron fontes de Renfe, desde as 7.00 horas deste mércores, unha avaría informática detectada en todos os trens Talgo Avril de Renfe deixou todos os convois deste modelo inoperativos. Para garantir a mobilidade dos viaxeiros, Renfe deseñou un plan operativo especial polo que está a recolocar a todos os viaxeiros afectados noutros trens.

Tren Avril
Tren Avril | Fonte: TALGO - Arquivo

Deste xeito, Renfe está a dobrar as capacidades do resto de trens de Alta Velocidade e Longa Distancia para garantir a mobilidade dos viaxeiros e está a programar puntuais plans alternativos de transporte por estrada cando a recolocación noutros trens non é posible. Este mércores as circulacións previstas en Talgo Avril cífranse en 28, con 14.100 potenciais viaxeiros. Os Avril, que se estrearon comercialmente en maio de 2024, conectan Madrid con Galicia, Asturias, Zaragoza, Barcelona, Valencia, Alacante e Murcia, en trens AVE e Avlo.

Renfe está a informar aos seus clientes de todos os cambios que afecten a súa viaxe e está a ofrecer cambios e anulacións sen custo a todos os viaxeiros afectados polos atrasos derivados desta incidencia durante todo o día de hoxe. Doutra banda, a compañía reforzou o persoal de atención ao cliente nas estacións de orixe/destino dos trens afectados, tal e como remarcan as fontes anteriormente citadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta