Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2025 | Actualizada ás 12:21
A Consellería do Medio Rural, mediante a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, convocou as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas, dotadas cun orzamento de 220.000 euros, que poden pedirse desde este venres. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a orde na que se establecen as bases reguladoras da convocatoria. Así, poden beneficiarse destas axudas as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas recoñecidas oficialmente pola Comunidade Autónoma para a xestión do libro xenealóxico no marco do programa de cría da raza correspondente.
Desta forma, o obxectivo das axudas é aumentar a rendibilidade das explotacións gandeiras, modernizar o sector primario galego en materia xenética, sanidade e producións, así como mellorar a eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións. Os gastos subvencionables serán os derivados da creación ou mantemento de libros xenealóxicos. As achegas tamén servirán para facer fronte aos gastos relativos á implantación e desenvolvemento dos programas de cría oficialmente aprobados. O prazo para presentar as solicitudes é dun mes a partir deste venres, día seguinte e a publicación desta orde no DOG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.