Ferida grave unha muller atropelada en Cambados, con posible fractura de ambas pernas e traumatismo cranioencefálico

O suceso tivo lugar ás 08.10 horas deste venres na avenida de Galicia da localidade do Salnés, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/01/2025 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Unha muller de 45 anos resultou ferida de gravidade ao ser atropelada por un coche no centro de Cambados. O suceso tivo lugar ás 08.10 horas deste venres na avenida de Galicia da localidade do Salnés, segundo informou o CIAE 112 Galicia. Tras recibir a alerta dun particular, a central de emerxencias alertou aos bombeiros, Policía Local e Urxencias Sanitarias 061. Finalmente, a ferida foi evacuada ao Hospital do Salnés en ambulancia cunha posible fractura de ambas as pernas e un traumatismo cranioencefálico.

Lugar do atropelo a unha muller de 45 anos ferida grave en Cambados
Lugar do atropelo a unha muller de 45 anos ferida grave en Cambados | Fonte: EMERXENCIAS CAMBADOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta