Sánchez: “Tamén Galicia ten que ter dereito de autodeterminación?”

O líder socialista acusa a En Marea e Podemos de “romper España” por insistir na autodeterminación de Cataluña. Alexandra Fernández critica que non teña en conta as “sensibilidades” das nacións do Estado e Besteiro dílle que o único que presentou acordos para Galicia foi o PSOE.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 02/03/2016 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O candidato á investidura, Pedro Sánchez, acusou a En Marea, a Podemos e a En Comú Podem de “romper España” por insistir no dereito de autodeterminación do pobo catalán. De feito, Sánchez dirixiuse especialmente á portavoz de En Marea, Alexandra Fernández, para que explique se cre que "tamén en Galicia ten que haber dereito de autodeterminación". É así señor Iglesiass?", dixo durante a súa réplica ao portavoz da confluencia catalá.

Pedro Sánchez no seu primeiro discurso de investidura no Congreso
Pedro Sánchez no seu primeiro discurso de investidura no Congreso | Fonte: tvg

Por iso, Sánchez suliñou que non apoiará un referendo soberanista en Cataluña porque "non se pode trocear a soberanía nacional". Tras defender que a Constitución non pode ser un "pim, pam, pum entre distintos partidos", lembroulle a Domènech que, antes de que eles, o PSC xa recoñecía a singularidade e a identidade do pobo catalán.

Sánchez enumerou unha decena de medidas que Podemos e as súas confluencias inclúen na súa proposta de goberno e que tamén recolle o acordo do PSOE e Cidadadanos, case todas en materia de política social.

Críticas de En Marea

Pola súa parte, Alexandra Fernández, ratificou o voto contrario á investidura do socialista Pedro Sánchez como presidente do Goberno porque, segundo dixo, o seu pacto con Cidadanos obvia que o 20D supuxo a fin da “burbulla do Estado das Autonomías". Por iso, dixo “non” ao continuísmo e suliñou que o bipartidismo nunca tivo en conta a pluralidade existente nas distintas nacións do Estado, así como das burbullas da corrupción, do Estado das autonomías e do soño europeo, convertido en "pesadelo dos pobos".

Alexandra Fernández intervén no Congreso
Alexandra Fernández intervén no Congreso | Fonte: congreso.es

Fernández interveu na quenda de Podemos, despois de Pablo Iglesias e de Xavier Doménech, con quen se repartiu o tempo, para defender a postura de En Marea, nun discurso breve no que expresou o esgotamento dos centos de miles de galegos "cansos de esperar que as institucións se poñan ao servizo da xente". Segundo o seu criterio, o único que fixo Sánchez "é dar voltas para acabar sentado nas mesmas burbullas que sosteñen o réxime do 78".

Tamén reclamou compromisos "firmes" para Galicia, unha terra na que se conxugan dúas particularidades: "ser nación cunha cultura e unha lingua propias" e ser periférica. Así, criticou que os sectores produtivos galegos non son estratéxicos para o Estado, pero "si vitais" para Galicia, e incidiu en que autogoberno e benestar son "dúas caras da mesma moeda".

Besteiro

En troques, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sostivo hoxe que o PSOE tratou a En Marea "cunha actitude moito máis positiva e máis protagonismo" que Podemos, e sinalou que neste momento o que están a facer os socialistas é "construír un goberno de cambio" para o país.

"O PSOE tivo unha actitude con En Marea que nin Podemos tivo",dixo ao lembra que foi o PSOE o que puxo "encima da mesa as reivindicacións e preocupacións de Galicia" pois "até hai poucos días nin sabiamos que propostas tiñan, porque no documento que se remitiu por Podemos ao PSOE non se mencionaba para nada a Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

14 Antinostrus

De Vacinillas sabe moito o Mononeuronal Oligofrénicofenilpirúvico do Nostrus...de beber o Leitiño por ela desde moi pequeniño (deixába-llo preparado, cunhas papas de pan, a súa Nai, mentras ela ía facer "bolos" Pombal arriba Papagaio abaixo e Ferreiria polo medio...e de aí veñen os seus "problemas": de proxenitor descoñecido optou por arriamar-se, como bó mercenario, ao mellor postor, é dicer, ao Ministerio do Interior): Ratibrón para o moi Ma ma lón!!!!!!!.

13 eusi

Estes non son os SUPERAMIGOS do Bnjajaja? Non sei a que esperar para rachar todo acordo con estes españois bos, cando lle interesa aos do bloque.

12 xacobe

Tranquis, que xa dixo Pablo que PODEMOS é a maior garantia da unidade de España.

1 hispanoyonquis

Nem fai falta: para isso já temos aqui o "nescionalismo galego" a empregar a ortografia española para garantir a unidade da Españññña... ARRIBA !!

11 Gamela

Cada día que pasa temos máis "política de salón"... Todo vale con tal se sair 5' nos medios, copar atención mediática, ou meterlle un zasca ao rival... Pero nada que sexa CERTO !!!

1 nostrus

Certo Gamela e os de podemos son os mais dados a convertir o Parlamento nun circo, levan o pequerrecho, morrean en público, visten de calquer xeito, non tardaran en ir en pixama, levar camisetas con publicidade polo que cobrará, e ata iran co orinal para facer as suas necesidades dun xeito mais cómodo. Eu creo que son os deputados mais paleolíticos do Parlamento.

10 nostrus

Un dos que merodean por este foro trabucouse e acusoume a min de ter o sindrome de Michael Jakson, pero eso a min non me queda ben porque eu non renego de nada do que son. Quédalle mellor aos naciotas que son españoles inda que non se sintan e rétoos a que pasen polo quirófano a ver si deixan de selo; que o faga o primeiro e lle conte ao resto. Os naciotas, co seu modo de ser tamen axudan a conformar España, en concreto eles danlle forma a parte do cú.

1 Ponferradino

Olha quem vem falar de “merodear“ neste foro, o “nostrus“, o meirande troll (e cretino)! E o mais “naciota“ de todos, porque anda sempre coa palavra “espanha“ na boca (de seguro que por falta de meter-se nela algo mais grande)

2 Antinostrus

Os cipaiosmercenarios cobradores do Ministerio do Interior (Subsección Lambedores sempiternos de ortos medrileños) só merecedes que vos dén cun fungueiro de carro cantarín, sen envaselinar, polo recto arriba (perdonando a cara das persoas decentes) para que cos fiiños da hemorraxia acontecida a ambos lados e a subseguinte mer da da ca ga da matutina de rigor conformedes unha vermelligualda a que lle rindades pleitesia, cirolas abaixo, cacareándo-lle un caraalsolconloscalzonesmancillados.....ezpagna queerrriiiiiiiaaaaaaa!!!!!!!. Decreto número Un do Governo Provisorio da Primeira República Galega: Reclusión en Campos de Reeducación "ad hoc" de todos os alieníxenas autodenominados Nostrus que enlameiran os Boulevares das moi decentes cidades galegas en aras a exterminar tan pezoñenta estirpe.